Condado de Blois

Primeiros condes de Blois: De azur, unha banda de prata, flanqueada separada por dúas liñas de ouro.
Condes de Blois da familia Châtillon
Condados de Francia sobre 1030.
Condados de Francia sobre 1180.

O condado de Blois era unha xurisdición feudal de Francia orixinada ao redor de 900. O primeiro vizconde do que temos noticia é Garnegaud, que faleceu no 906. O seu sucesor foi o cabaleiro borgoñón Teobaldo o Vello, que tamén recibiu o Vizcondado de Tours en 908 e en 940 converteuse no conde de Blois e Tours. Morreu en 943 e sucedeuno o seu fillo Teobaldo o Tramposo, que ao redor de 960 ocupou o condado de Chartres. O seu fillo Eudes I foi conde de Blois, Chartes, Tours, Chateaudun, Provins e Reims.

Morreu en 995 e sucedeuno o seu fillo Teobaldo II, morto en 1004. O seu irmán Eudes II engadiu aos seus dominios o condado de Meaux e o condado de Troyes. En 1019 morreu e os dominios foron divididos. A dinastía seguiu en Blois ata que morreu Teobaldo VI, que deixou unha filla, Margarida, que achegou os dominios á casa de Avesnes, pero morreu deixando herdeira á súa filla María, que os achegou á casa de Châtillon, en cuxas mans permaneceron ata 1397 cando foi entregado á casa de Orleáns por falta de descendencia.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search